Este sábado 12 remata o prazo para presentar traballos aos Premios á Mellor Economía Social de Cegasal

Mañá, sábado 12 de setembro, remata o prazo para enviar traballos á terceira edición dos Premios á Mellor Información sobre Economía Social convocados por Cegasal (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro), na que colabora o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O obxectivo destes premios, un para xornais, dixitais e revistas, e outro para radio e televisión -dotados con 1.500 euros cada un-, é o de dar maior visibilidade aos e ás traballadoras con discapacidade e o labor que realizan neste sentido os 32 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que forman parte a día de hoxe de Cegasal.

Información sobre los premios 

As bases do Premio Cegasal á mellor información sobre economía social, certame no que colabora desde a súa primeira edición o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, poden consultarse nas webs do Colexio Profesional de Xornalistas e da Asociación Cegasal

Poden optar aos premios os traballos publicados e/ou emitidos desde o peche da anterior edición, en abril de 2019, até o día 12 de setembro de 2020, que é cando remata o prazo de recepción dos traballos. 

Os traballos deberán enviarse, vía correo electrónico, ao seguinte enderezo: cegasalcomunicacion@gmail.com, e a información presentada deberá ir acompañada dun breve currículo do autor.

CPXG