Este venres 13 dáse a coñecer en Ferrol o fallo da XIV edición do Premio José Couso

O anuncio do fallo da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol coñecerase o venres 13 de abril ás 13:00 horas na Sala de Comisións do Concello de Ferrol (Praza de Armas s/n).

Na rolda de prensa, na que se fará pública a identidade de quen gañou, van intervir:
 
  • Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas
  • Xulia Díaz Sixto, presidente do Club de Prensa de Ferrol
  • Darío Janeiro, secretario do Premio José Couso
  • Jorge Suárez Fernández, alcalde de Ferrol
 
As catro candidaturas presentadas este ano foron Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Doğan e Julia Otero.
 
Os actos de entrega celebraranse o próximo 3 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.
 
CPXG