Fanse públicas as candidaturas recibidas para as demarcacións da Coruña, Ferrol e Lugo
Onte, martes 20 de outubro, rematou o prazo para presentar candidaturas para as demarcacións da Coruña, Ferrol e Lugo no Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
As propostas recibidas foron as seguintes:
- A Coruña:
- María Pardo Ríos
- Marta Otero Mayán
- María Cristina Lombao Ramos
- Dolores Vázquez Blanco
- Ferrol:
- Non se recibiu ningunha candidatura
- Lugo:
- Orestes Currás Ordóñez
- José Luis Ramudo Ramudo
- María Xosé Cuadrado Fernández
As candidaturas son válidas e foron presentadas en tempo e forma segundo o calendario electoral.
Entre hoxe e o 22 de outubro estará aberto o prazo para presentar reclamacións ás devanditas candidaturas, que serán resoltas, de habelas, o día 23 pola Xunta de Goberno. Se non hai reclamacións e as candidaturas son válidas e únicas, quedarían xa automaticamente proclamadas. No caso da demarcación de Ferrol, ao rematar o prazo sen ninguna candidatura válida presentada en tempo e forma, a Xunta de Goberno procederá a convocar unhas novas eleccións para escoller representantes, que se anunciarán polos medios habituais.
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia