Ferramentas para un correcto tratamento xornalístico da discapacidade

Con motivo da celebración, este 3 de decembro, do Día Internacional das Personas con Discapacidade, recompilamos algunhas recomendacións para o tratamento da diversidade funcional nos medios de comunicación. 

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Personas con Discapacidade, unha data estabelecida polas Nacións Unidas en 1992 co obxectivo de "promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural". Este ano, a conmemoración céntrase no "empoderamento das personas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sustentábel", como reclamaba a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentábel

Con motivo deste día, asociacións, administracións e outro tipo de axentes sociais organizan diversas actividades reivindicativas en todo o mundo. Na nosa comunidade hai tamén numerosas convocatorias en practicamente todas as cidades e vilas galegas, entre as que se poden destacar algunhas como 'Baixo o mesmo paraugas', realizada por 78 entidades sociais e que nesta súa cuarta edición chega por vez primeira a todas as provincias de Galicia.  

Os medios de comunicación teñen tamén un papel esencial no empoderamento das persoas con discapacidade. Na páxina web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poden atoparse documentos para o correcto tratamento da diversidade funcional, como as Recomendacións extraídas do foro sobre comunicación e discapacidades. Tamén a Guía de linguaxe inclusiva inclúe un capítulo sobre Persoas con capacidades diversas. Existen tamén outras moitas guías disponíbeis como o tríptico Tratamento da discapacidade nos medios de comunicación, do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia, Decálogo para un uso apropiado de la imagen social de las personas con discapacidad do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ou a Guía de estilo sobre discapacidad para profesionales de los medios de comunicación, do Real Patronato sobre Discapacidade. 

CPXG