Intensa actividade de Xornalismo na Escola "la Caixa" a vindeira semana con doce talleres na Coruña, Ourense, Lousame, Padrón e Monforte
A semana que vén, a actividade de 'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, acelérase con distintos obradoiros en centros de ensino da Coruña (luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20), Ourense (martes 18 e xoves 20), Lousame (martes 18), Padrón (martes 18), e Monforte de Lemos (xoves 20).
- Luns 17 no IES Agra do Orzán, entre as 10:30 e as 12:10 horas. Imparte o obradoiro Manuel Guisande.
- Martes 18 no IES As Lagoas de Ourense, entre as 09:20 e as 11.00 horas e entre as 11:30 e as 13.10 horas. Imparte os obradoiros Edith Filgueira Rodríguez.
- Martes 18 no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame, entre as 10:00 e as 11:35 horas. Imparte o obradoiro Olaia Tubío Rei.
- Martes 18 no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, entre as 10:30 e as 12:10 horas. Imparte o obradoiro Manuel Guisande.
- Martes 18 no IES Macías o Namorado de Padrón, entre as 12:30 e as 14:00 horas. Imparte o obradoiro María Rodiño Pérez.
- Mércores 19 no IES Agra do Orzán, entre as 12:30 e as 14:10 horas. Imparte o obradoiro Manuel Guisande.
- Xoves 20 no IES O Couto de Ourense, entre as 08:30 e as 10.10 horas e entre as 11:30 e as 13.10 horas. Imparte os obradoiros Edith Filgueira Rodríguez.
- Xoves 20 no IES Río Cabe de Monforte, entre as 8:45 e as 10:25. Imparte o obradoiro Xavier López Quiroga.
- Xoves 20 no IES Macías o Namorado de Padrón, entre as 09:30 e as 11:00 horas. Imparte o obradoiro María Rodiño Pérez
- Xoves 20 no IES Agra do Orzán, entre as 12:30 e as 14:10 horas. Imparte o obradoiro Manuel Guisande.
Xornalismo na Escola “la Caixa”
Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a comunidade. Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os seis xornalistas seleccionados tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa'. As catro primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito entre o 2016 e o 2019 máis de 360 talleres talleres de comunicación en numerosos puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.
CPXG