Novos obradoiros de Xornalismo na Escola en Baiona e O Porriño

A segunda edición de Xornalismo na Escola, a iniciativa posta en marcha o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para achegar aos máis novos o xornalismo e os medios, chega a Baiona e O Porriño con novos talleres hoxe e o mércores 6 de marzo.

A xornalista Sara Martinez impartirá os novos obradoiros na provincia de Pontevedra. En Lugo terán lugar no CPI Cova Terreña este mércores 5 de 9:20 a 11:00 e de 11:30 a 13.00. O xoves 6 de abril será a vez do IES Pino Manso do Porriño, con talleres de 10:50 a 12:20 e de 13:00 a 14:30 horas. Esta segunda edición de Xornalismo na Escola, que se iniciou o pasado dous de marzo no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía tense trasladado tamén a Vigo, Ribeira, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Betanzos, Santiago, Lugo, Brión, Celanova e Maceda.

O obxectivo dos obradoiros é tratar de inculcar na xuventude o espírito crítico ante a información e as novas nos medios de comunicación offline online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e as vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata as que chegaron os obradoiros.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar tamén esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG