O 94% das informacións sobre a COVID-19 tiveron enfoque negativo, segundo un estudo

O Estudio de la cobertura de la crisis del Covid-19 en los medios de comunicación en España, elaborado polas consultoras Cecubo Group e Smartup, asegura que o 94% das noticias publicadas en medios de comunicación dixitais españois sobre a crise do coronavirus tiveron un ton negativo.

As consultoras Cecubo Group e Smartup veñen de facer público o seu Estudio de la cobertura de la crisis del Covid-19 en los medios de comunicación en España, que estuda a través da tecnoloxía Big Data un total de 109.482 informacións sobre o coronavirus publicadas entre o 3 de marzo e o 3 de abril en 28 medios dixitais españois.

O estudo estabelece que o 94% das novas referidas á crise da Covid 19 tiñan un enfoque negativo, cun "pico" da negatividade das informacións no 8 de marzo. Tamén conclúe que ABC.es é o medio que máis novas publicou sobre o coronavirus, seguido de 20 Minutos, Cope.es, La Vanguardia e a Cadena Ser. Entre os nativos dixitais, destacan El Confidencial e Eldiario.es.

Por último, o informe conclúe que Pedro Sánchez é a persoa con maior número de aparicións, seguido de Fernando Simón, Donald Trump e Pablo Iglesias. En canto a zonas xeográficas, a cidade de Madrid é a máis citada nas novas sobre o coronavirus, seguida de Italia, China, a comunidade de Madrid, os Estados Unidos, Barcelona e Europa.

CPXG