O Colexio de Xornalistas lamenta o falecemento de Mar García Balseiro
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento da xornalista e colexiada Mar García Balseiro.
Mar García Balseiro traballaba na delegación da Mariña do xornal La Voz de Galicia. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere expresar o seu fondo pesar pola triste morte desta profesional e trasladar o cariño de toda a profesión á toda a súa familia e persoas achegadas.
CPXG