O CPXG condena as agresións a xornalistas en Valencia e ve con preocupación o incremento deste tipo de ataques
Ante as agresións a varios xornalistas e manifestantes producidas este 9 de outubro en Valencia durante a marcha da Comissió 9 d'Octubre, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas quere sumar a súa enérxica condena á xa expresada pola Unió de Periodistes Valencians.
O Colexio de Xornalistas ve con especial preocupación o feito de que nos últimos tempos este tipo de agresións á cidadanía en xeral e aos e ás xornalistas en particular se estean a producir cada vez con máis frecuencia e por todo o Estado. Por iso, fai un chamamento a todas as autoridades competentes para que non permitan este tipo de ataque nin a impunidade de quen os perpetra.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia