O CPXG condena, co Col·legi de Periodistes, os ataques ao xornalismo en Cataluña

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere sumarse ao comunicado do Col·legi de Periodistes de Catalunya que, ante os ataques inaceptables a profesionais do xornalismo nos últimos días en Cataluña, lembra que é "intolerábel calquera intento de intimidar ou coartar a liberdade de prensa" e reclama "respecto e profesionalidade".

O Col·legi catalán lembra que nos últimos días "boicoteáronse conexións en directo, estropeáronse vehículos dunha canle de televisión, tivo que escoltarse policialmente un equipo ou cuspiuse a unha xornalista", mais que tamén se produciu "a identificación policial de xornalistas, as presións para revelaren as súas fontes, a requisa de cámaras ou teléfonos móbiles e as agresións por parte de axentes da orden a xornalistas e fotógrafos, malia a iren bien identificados".

O Colexio de Xornalistas non pode senon facer súas as palabras do seu homólogo catalán que reitera "unha vez máis o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia, física ou verbal" e considera que "no caso das forzas de orden, é especialmente grave cando se extralimitan nas súas funcións e hai comportamentos que están fóra da legalidade.

Así mesmo, traslada ao conxunto da profesión galega a petición de que, á hora de tratar acontecementos de tensión como os que se están a producir en Cataluña, é especialmente importante "insistir en que os profesionais da información velen por ser extremadamente rigorosos e respecten o Código deontolóxico".

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia