O CPXG envía aos colexiados e colexiadas unha enquisa sobre os cursos de formación

Coa vontade de mellorar a oferta formativa para os colexiados e colexiadas, o Colexio de Xornalistas vén de enviarlles unha enquisa sobre os cursos de formación. 

Podes acceder aquí á ligazón do cuestionario. Se aínda non dispós das claves para acceder á información privada da web, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG