O PP acusa ó bipartito de manipular a TVG e as enquisas

O presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, criticou onte o discurso navideño do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a "campaña de propaganda e autobombo" que, ó seu xuízo, realiza o bipartito desde os servizos informativos da Televisión de Galicia, que cualificou como "a televisión do NO-DO". O líder dos populares pontevedreses fixo especial fincapé nas informacións da TVG referidas a escándalos urbanísticos, nas cales se obviaron aqueles concellos gobernados polos socialistas "como Foz e Cabanas", segundo as súas propias palabras.
Louzán advertiu da manipulación das enquisas sobre as que se elaborou o Barómetro 2006 e que deixaron a un lado cuestións clave como as riadas, os incendios ou as listas de espera da sanidade. Afirma que Touriño ten á súa disposición para realizar as sondaxes á Secretaría Xeral de Análise e Proxección, a Escola Galega de Administración Pública e o equipo vinculado a Fundación Iniciativas 21, mentres que o BNG conta coa Secretaría Xeral de Relacións Institucionais. "Temos un Goberno da manipulación, da mentira e da propaganda", afirmou Louzán.

PONTEVEDRA
EL PAÍS
Lara Varela