Os colexiados do CPXG terán acceso a prezos reducidos á oferta formativa do Col·legi de Periodistes de Catalunya
A raíz dos acordos e a colaboración da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, as colexiadas e colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia teñen desde agora a posibilidade de acceder á ampla oferta de formación online do Col·legi de Periodistes de Catalunya nas mesmas condicións que os membros do colexio catalán.
Así, neste momentos está aberta a matrícula aos cursos Iniciación ao SEO: SEO interno e longtail. Técnicas de Escritura Creativa e Introdución ao xornalismo móbil, ao que se irán sumando puntualmente todos o resto da formación online en castelán que oferte o Col·legi de Periodistes de Catalunya.
Con estes acordos, o Colexio de Xornalistas quere aumentar a oferta formativa para os colexiados e colexiadas, tratando temas e ferramentas de actualidade para a profesión, nun ámbito necesitado sempre de constante actualización.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.
CPXG