Os produtores lamentan profundamente as críticas

A Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois (FAPAE) lamentou "profundamente" as críticas formuladas onte polas televisións privadas á futura Lei do Cine porque, asegurou, "non se corresponde coas propostas do Ministerio de Cultura nin coa realidade europea".
Nun comunicado feito público horas despois do enviado polas cadeas privadas, FAPAE denuncia que as críticas dos operadores á futura lei non se corresponden coas manifestacións que "ante a nosa institución fixeron responsables de UTECA" e critica que esta pida "textualmente" a integración dos produtores nas estruturas das televisións, o que entenden é "un desprezo á liberdade de creación e produción en España e en todos os países do noso contorno".

A Federación que preside Pedro Pérez descualifica a "concepción monopolística" de producir cine só baixo o "paraugas" de UTECA, o que tería como resultado "a desaparición do cine español nun futuro próximo".

MADRID
EL DIARIO MONTAÑÉS / COLPISA