Os xornalistas rexeitan a reforma da Lei de Enxuizamento Criminal
O Foro de Organizacións de Xornalistas, do que forma parte o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, xunto coa Federación de Asociaciones de Periodistas de España, a Asociación de Editores de Diarios Españoles e os colexios de Xornalistas de Andalucía, Asturias, Castela e León, A Rioxa, Murcia e o País Vasco, asinaron esta mañá un documento de rexeitamento á reforma da Lei de Enxuizamento Criminal.
Neste escrito, a primeira ocasión en que editores e xornalistas realizan as súas reivindicacións de maneira conxunta, solicítase aos grupos parlamentarios que rexeiten no Senado o engadido ao artigo 520.1, aprobado polo Congreso dos deputados o pasado 2 de xuño e relativo ás detencións, e co que, ao seu xuízo, se pon en perigo o dereito constitucional á información.
O texto íntegro do comunicado é o seguinte:
Rexeitamento á reforma da Lei de Enxuizamento Criminal
O Congreso dos Deputados aprobou o proxecto de Lei Orgánica de Modificación da Lei de Enxuizamento Criminal, que seguirá a súa tramitación no Senado, no que se engadiu ao artigo 520.1. referido ás detencións que "se deberán adoptar as medidas necesarias para asegurar o respecto aos seus dereitos constitucionais ao honor, intimidade e imaxe no momento de practicarse así como nos traslados ulteriores".
Esta iniciativa orixinou unha gran inquietude entre os xornalistas, fotorreporteiros e os medios de comunicación en xeral, en canto ao fondo da cuestión. En primeiro lugar, porque se pon en perigo o dereito constitucional á información, non só aplicable aos profesionais e medios de comunicación que a elaboran e transmiten, senón tamén aos cidadáns.
As organizacións que subscribimos esta declaración consideramos que os Grupos Parlamentarios da Cámara Alta deben ter en consideración este aspecto ante unha previsible inconstitucionalidade da futura lei. Non sería a primeira vez que o Tribunal Constitucional, cando se produce unha colisión entre dereitos fundamentais, vén argumentando nas súas sentenzas que, en asuntos de interese público e con veracidade informativa, ten que prevalecer o dereito colectivo á información fronte ao dereito individual ao honor, a intimidade e a propia imaxe.
Ademais, da mesma forma que non se precisan algúns aspectos, considerados faltas graves, na Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de Protección da Seguridade Cidadá, recorrida ante o Tribunal Constitucional pola maioría das forzas políticas, como é o caso do uso de imaxes de membros dos Corpos e Forzas de Seguridade, a inclusión do referido paragrafo produce un gran desconcerto e provoca unha total inseguridade xurídica en profesionais e medios, por non existir definición en canto á forma de poñer en práctica a medida de protección proposta por parte da autoridade xudicial ou policial.
Inquieta que a redacción do novo artigo, de acordo con esta proposición, conleve de feito a aplicación de novas trabas ao exercicio profesional do dereito á información, protexido polo artigo 20 da Constitución Española. Así como o afastamento de xornalistas e fotorreporteros de edificios de xulgados e comisarías ou de sancións aos medios de comunicación que publicasen esas imaxes.
Os profesionais da información observamos medidas de autorregulación, a través das nosas normas e códigos, co fin de que non se produzan lesións de dereitos fundamentais. A lexislación vigente xa contempla medidas e penas se se desen casos de lesionar dereitos ao honor, a intimidade ou a imaxe das persoas.
Ante unha grave lesión ao dereito á información e un ataque ao traballo dos profesionais e dos medios de comunicación, os abaixo firmantes solicitamos que os grupos políticos rexeiten no Senado a proposta que procede da Cámara Baixa, eliminando o parágrafo 520.1 engadido no Congreso dos Deputados, que tal e como se contempla vai conlevar que os cidadáns reciban unha información sesgada e incompleta.
FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PERIODISTAS DE ESPAÑA (FAPE)
ASOCIACIÓN DE EDITORES DE DIAIRO ESPAÑOLES (AEDE)
FORO DE ORGANIZACIÓNS DE XORNALISTAS (FOP)*
* INTEGRADO POLA AGRUPACIÓN DE PERIODISTAS DE UGT, AGRUPACIÓN DE PERIODISTAS DE CCOO, FEDERACIÓN DE SINDICATOS DE PERIODISTAS (FeSP), SINDICAT DE LA IMATGE - UPIFC, COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA, COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA E A ASOCIACIÓN NACIONAL DE INFORMADORES GRÁFICOS DE PRENSA Y TELEVISIÓN (ANIGP-TV)
COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS DE ASTURIAS, CASTELA E LEÓN, A RIOXA, MURCIA E O PAÍS VASCO