Praza de licenciado en xornalismo na Deputación de Lugo

A Deputación Provincial de Lugo publicou o venres 15 de xuño a convocatoria para a provisión dunha praza de licenciado en xornalismo como funcionario interino. Esta convocatoria é a reiteración doutra, realizada en decembro do ano pasado, que resultou deserta.

Para acceder á praza é obrigatorio ter o Grao ou Licenciatura en Xornalismo e acreditar un nivel de galego equivalente ao Celga 4. Valoraranse como méritos a experiencia profesional (máximo de 6 puntos), titulacións académicas (2 puntos), cursos e similares (4 puntos), nivel de galego (1 punto) e idiomas comunitarios (1 punto) e superación das probas (1 punto). 

Consulta aquí as prazas e detalles da convocatoria. 

CPXG