Protocolo de colaboración entre o CPXG e Vicepresidencia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Vicepresidencia da Xunta asinaron un protocolo de colaboración para a realización do Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do do Observatorio Galego dos Medios, dependente do CPXG. Centrarase en diferentes áreas, como a infancia, a mocidade, os maiores, a discapacidade ou a integración social. Coa sinatura deste protocolo preténdese tamén lograr un maior protagonismo das asociacións veciñais e dos movementos sociais nos medios de comunicación.
A sinatura deste protocolo implica a colaboración da Vicepresidencia co Colexio de Xornalistas en actuacións e actividades de carácter formativo e participativo no marco deste Seminario.

Vicepresidencia colaborará na celebración dos catro Foros Internacionais sobre Comunicación e Sociedade que organiza o Seminario, nos que haberá representación dos/das xornalistas, dos medios de comunicación, e de persoas pertencentes a organizacións e colectivos implicados en cada un dos temas que se van tratar: Comunicación e Discapacidades, Comunicación e Xuventude, Comunicación e Persoas Maiores, e Comunicación e Xénero.

Anxo Quíntana, Vicepresidente da Xunta de Galicia, amosou a súa satisfacción pola sinatura do protocolo e sinalou que considera fundamental "desenvolver actuacións comúns en favor da continua posta ao día dos/das profesionais do xornalismo" porque actualmente a información de carácter social está sesgada "en termos cuantitativos" nos medios de comunicación.