Tamara Montero: ″Unha incidencia acumulada por si soa non explica unha pandemia″

Tamara Montero é xornalista e traballa na delegación de Santiago de Compostela de La Voz de Galicia, onde forma parte do equipo que está a informar sobre a pandemia da COVID-19 e para o que está a cubrir a actualidade da Consellería de Sanidade e as reunións semanais do comité clínico que asesora á Xunta.

–Levas cubrindo a pandemia desde que sabemos o que significan as siglas COVID-19, cres que está garantida a seguridade das e dos xornalistas no exercicio profesional?

Creo que non está garantida a seguridade de ninguén en ningún momento, esta pandemia o que ten é iso: ninguén está libre de contaxiarse aínda que se poñan todos os medios. Hai protocolos mellores e peores dentro dos medios de comunicación, como tamén pasa á hora de desenvolver a nosa profesión fóra das redaccións.

Se a pandemia trouxo algo bo foi que nos permitiu comezar a organizarnos doutro xeito para facer o traballo. Eu prefiro ir aos sitios e cubrir as cousas presencialmente e penso que tanto nas entrevistas como nas reportaxes que teño feito nestes meses se gardaron as medidas de prevención de maneira moi estrita. Agora temos a posibilidade de desenvolver a cobertura das informacións a distancia e de poder preguntar en streaming nos actos, algo que se foi desenvolvendo a medida que avanzaba a pandemia. Non poder facelo coartaría o noso labor profesional.

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí