Televisión local en Internet adaptada ós discapacitados

Tres estudantes de terceiro curso da facultade de Ciencias dá Comunicación da USC son as responsables de Compostela TV, un proxecto de cadea local concibida para emitir a través de Internet.
Romina Tasende, Noelia Vázquez e Vanesa Sáez concibiron o proxecto a partir dun traballo de clase, e xa conseguiron captar o interese de posibles investidores. A idea é crear unha canle que emita esencialmente en lingua galega, aínda que tamén con contidos en castelán e inglés, e apostando sobre todo pola cultura e o turismo nas súas facetas menos coñecidas.

Porén, tamén haberá espazo para a ficción e a interactividade: "Estamos a pensar nunha serie que permita ó público votar para decidir como quere que siga a trama", explica Vanesa. Outra das apostas da iniciativa é adaptar a serie para os discapacitados, tanto para xordos como para cegos, pero non limitándose a reproducir os contidos, senón incluíndo outros específicos para estes colectivos. As promotoras explican que necesitan polo menos 24.000 euros para botar a andar o proxecto, que podería servir para crear sete ou oito postos de traballo nunha fase inicial.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
LA VOZ DE GALICIA