Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 12:53

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

TRAS O SORTEO REALIZADO EN MAIO

A biblioteca da USC regala cinco libros electrónicos entre os usuarios

[09/07/2009] A biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) semella non terlles medo ás novas tecnoloxías aplicadas ao mundo do libro. Cando menos é o que dá a entender a entrega realizada este martes sete de cinco e-books a outros tantos universitarios que participaron na campaña 'Fai que a túa opinión conte'.

A biblioteca quere premiar así aos usuarios que cubriron as enquisas para coñecer o grao de satisfacción sobre os servizos.

Os premiados foron as estudantes Olalla Calvo Míguez e Paula Vázquez Ramos, e, por parte do Persoal Docente e Investigador, Manuel Pereiro López, María del Carmen Rodríguez Pérez e María Dolores Cadaval Sampedro. Os cinco recolleron os seus respectivos libros electrónicos nun acto no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, de mans da vicerreitora de Investigación e Innovación María José Alonso.

O sorteo dos cinco libros electrónicos realizouse no pasado mes de maio entre as máis de 1.200 persoas que cumprimentaron as enquisas sobre os servizos da biblioteca. Estas estaban dirixidas a toda a comunidade universitaria e foron cubertas principalmente polo Persoal Docente e Investigador e polo estudantado, seguidos do Persoal de Administración e Servizos .

O obxectivo da campaña foi avaliar as opinións dos usuarios da biblioteca universitaria, detectando as posibilidades do servizo e recompilando información que poda servir para melloralo. Neste traballo, a biblioteca contou coa colaboración da Área de Calidade da Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica da USC.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación