[05/02/2010] En reivindicación dun plan de produción propia, o Comité Xeral Intercentros de RTVE convoca paros, o día 17 de febreiro, de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 21:00 horas, e unha manifestación, o día 27 de febreiro, preámbulos para a folga de 24 horas prevista para o día 3 de marzo.
Máis de 800 traballadoras e traballadores da Radio e Televisión Española (RTVE e RVE) concéntranse en Prado del Rey para pedir, á dirección da empresa, que fomente a ocupación efectiva do persoal e paralice a externalización do traballo cara ás produtoras privadas. Esta é só unha das accións reivindicativas do colectivo, cuxo Comité Xeral Intercentros convoca folga para o día 3 de marzo tras aprobar o calendario de mobilizacións e constituír o comité de folga.
Concentración en Prado del Rey
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS