Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 12:37

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

O SEGUIMENTO CIFROUSE NO 80% DO PERSOAL

Éxito da folga en TV3

[05/02/2010] Onte ás 12h en punto o comité de folga da televisión autonómica catalá fixo soar as sirenas que foron o sinal de inicio das 4 horas de folga convocada.

Os traballadores deixaron os seus postos de traballo e reuníronse no interior das instalacións onde se celebrou unha Asemblea que logo desfilou ata o comedor interior de TV3 portando simbólicamente os bonecos da Directora Xeral e do Presidente do Consello de Goberno da CCMA, como mostra de protesta polo estancamento na negociación de convenio.

O seguimento da folga foi cifrada no 80% do persoal. Baleiráronse os estudio e as oficinas e só unhas 10 persoas, case todos cargos de dirección, non seguiron a folga. Nas delegacións de Madrid e Tarragona o seguimento foi total.

Os servizos mínimos pactados para a programación desenvolvéronse sen incidencias: ás 12 en punto acabou o programa As Mañás de Josep Cuní e ha partir de alí e ata as 16 emitíronse documentais por TV3 e o 3/24 e a programación habitual polo Canal Super3. Ás 14:30 emitiuse un informativo de 18 minutos por TV3 e Canal 3/24.

SPC-FeSP

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación