PERANTE A DETENCIÓN DE ALTOS CARGOS DE UNIÓ MALLORQUINA
Traballadores de IB 3 piden a destitución de Antoni Martorell
[08/02/2010] Traballadores do Ente de Radiotelevisión Autonómica IB 3 esixiron a destitución "inmediata" do director xeral, Antoni Martorell, de Unió Mallorquina, ante as últimas detencións de altos cargos do partido vinculadas a presuntos casos de corrupción.
Nun comunicado, o comité de empresa de SBT en nome dos traballadores do ente público considera que dado que xa que o presidente do goberno, Francesc Antich, retirou a confianza a Unió Mallorquina cesando aos seus conselleiros no Executivo, sería "coherente" que as destitucións se estendesen á dirección de IB 3.
A reclamación tamén chegou á rúa. Durante unha conexión en directo dende os Xulgados dos informativos da cadea autonómica, un espontáneo irrompeu cunha pancarta.
Así mesmo, no comunicado, os traballadores reclaman a destitución do director de Produción Allea de IB 3 Televisión, Alfredo Conde, imputado na peza separada do caso Son Olmos denominada "Operación Maquillaxe" e en liberdade despois de pagar unha fianza de 200.000 euros.
No comunicado, os traballadores denuncian a "xestión nefasta e a falta de transparencia" do director do ente dende que asumiu o cargo, e o acusan de "malbaratar" diñeiro público e de fomentar a inestabilidade laboral.
Esta xestión, a xuízo dos traballadores, tería que ser obxecto de investigación dende o principio do mandato de Martorell.
Segundo os sindicatos. "O cargo de director xeral de IB 3 depende directamente da vontade parlamentaria, por iso pedimos unha votación urxente, apelando á responsabilidade política,"
SPIB