'Como falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Persoal'

O Centro UNED de Ourense organiza os días 12, 14, 19 e 21 de febreiro o Curso de Extensión Universitaria Como falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Persoal, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG. O curso vaise realizar en horario de 17:30 a 20:30 horas os martes e xoves no Centro UNED de Ourense (Estrada Vigo Quintela, s/n, Outariz, Ourense).

O custo da matrícula é de 45 euros, cun prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 25 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 25 horas, 12 delas de formación presenciais, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Martes 12 de febreiro

17:30-20:30 h. Comunicación non verbal. A linguaxe corporal, non trasmitir nerviosismo cos acenos, a ropa que se debe usar, a mirada, a postura…

Xoves 14 de febreiro

17:30-20:30 h. Comunicación non verbal. Como captar a atención, o inicio dun discurso, o valor dos silencios, a importancia das preguntas. Control do tiempo e un bo final do discurso.

Martes 19 de febreiro

17:30-20:30 h. Comunicación verbal: que linguaxe debemos usar, falar pausado, transmitir seguridade coas palabras que se usan. Ler en voz alta, vocalización e dicción

Xoves 14 de febreiro

17:30-20:30 h. Identificar cales son as palabras clave que nos definen para potenciar o noso discurso. Evitar bordóns. Explotar as cualidades propias e aprender a comunicalas.

O curso, impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0, estará dirixido por Tiberio Feliz Murias, profesor titular de didáctica, organización escolar e didácticas especiais da UNED, e coordinado por Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia e director do Centro UNED de Ourense.

Máis información e formulario matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.