'Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Personal'

O Centro Asociado da UNED en Ourense organiza, coa colaboración do CPXG, o curso 'Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Personal', que se vai desenvolver do 7 ao 16 de marzo na sede do Centro (Carretera de Vigo Torres do Pino s/n Baixo, Ourense).

O curso vai ensinar ao público asistente a optimizar as capacidades comunicativas tanto verbais como non verbais. Comunicar non é só abrir os beizos, ata sen falar xa se está comunicando, por iso é tan importante saber que queremos dicir en cada momento e facelo de forma correcta. Descubrir cales son os obxectivos da oratoria, o contexto do discurso, os métodos de presentación, o poder de convicción ou construír o discurso cunha boa estrutura, serán algúns dos obxectivos deste curso.

O custo da matrícula e de 45 euros, cun prezo reducido de 30 euros para colexiados e colexiadas e 25 euros para persoas en situación de desemprego. O programa de formación vai constar de 15 horas lectivas presenciais e 10 non presenciais e vai desenvolverse da seguinte maneira:

martes, 7 de marzo
16:30-20:30 h. Comunicación non verbal. A linguaxe corporal, non trasmitir nerviosismo cos xestos, a roupa que se debe usar, a ollada, a postura…

xoves, 9 de marzo
16:30-20:30 h. Comunicación non verbal. Cómo captar a atención, o inicio dun discurso, o valor dos silencios, a importancia das preguntas. Control do tempo e bo final do discurso.

martes, 14 de marzo
16:30-20:30 h. Comunicación verbal: que linguaxe debemos usar, falar pausado, transmitir seguridade coas palabras que se usan. Ler en voz alta, vocalización e dicción.

xoves, 16 de marzo
17:00-20:00 h. Identificar cales son as palabras clave que nos definen para potenciar o noso discurso. Evitar retrousos. Explotar as cualidades propias e aprender a comunicalas.

Para finalizar o curso, os asistentes deberán realizar unha práctica online na que porán en práctica todo o aprendido durante o curso.

O curso está dirixido por José María Failde Garrido, doutor en Psicoloxía e profesor no Campus de Ourense da Universidade de Vigo e coordenado por Luis Gulín Iglesias, licenciado en Dereito. A docencia vai correr a cargo de Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0.

Máis información e formulario de matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos