'Comunicación presencial, marca e comunicación en liña'

O Centro UNED de Ourense organiza do 3 ao 26 de abril o Curso de Extensión Universitaria Comunicación presencial, marca e comunicación en liña, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG. O curso vaise realizar en horario de 17:00 a 20:00 horas no Centro UNED de Ourense (Urbanización Torres do Pino, 32001 Ourense).

O custo da matrícula é de 65 euros, cun prezo reducido de 45 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 35 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 30 horas lectivas, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Mércores 3 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN PRESENCIAL
Intelixencia emocional, Programación  Neurolingüística (PNL), Habilidades sociais: - Orixe da intelixencia emocional. Habilidades emocionais, cognitivas e de conduta. - Definición e  presuposiciones da  PNL. Escucha activa,  empatía. - Definición, tipos, adquisición e mantemento das habilidades sociais,  asertividade.

Xoves 4 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN PRESENCIAL
Linguaxe positiva, Prevención e resolución de conflitos. - O poder das palabras, a construción das emocións positivas, o  adestamento da linguaxe. - Definición, etapas e evolución dos conflitos. Técnicas de resolución de conflitos.

Venres 5 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN PRESENCIAL
Traballo en equipo. Igualdade de oportunidades mulleres e homes. - Características do líder, tipos de liderados, adestramento do líder. Definición, fases e éxito dun equipo. Equipos de alto rendemento. - Axentes  socializadores, tipos de discriminación e igualdade, estereotipos, políticas de igualdade.

Martes 9 de abril

17:00-20:00 h. MARCA. PROXECTO E CREACIÓN
Proxecto persoal e profesional. Coñecemento profundo da marca e de ti  The Hunter: - Á busca dos puntos mais importantes para a creación da marca. ¨Tormenta de ideas¨. -  Naming. Filosofía de actuación, análise, márketing e toma de decisión.  Como organizar as percepcións e conceptos para enfrontarse á realidade e construír un alicerce estable para o proxecto

Mércores 10 de abril

17:00-20:00 h. MARCA. PROXECTO E CREACIÓN.
A Marca: - Ferramentas de comunicación.  Empoderamento do proxecto persoal e profesional baseado nas nosas aspiracións. - O reflexo do que somos. - Como construír un  Briefing, estratexias e necesidades do consumidor.

Xoves 11 de abril

17:00-20:00 h. MARCA. PROXECTO E CREACIÓN.
O valor dunha marca: - Creación do logotipo - A túa identidade. O Manual de Identidade Corporativa. Poñemos orde a todo o relacionado co segundo punto

Mércores 24 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN EN LIÑA
Ferramentas de Google para a comunicación en liña -  My  Business - Google  Drive - Google  Calendar - Google  Forms -  Youtube

Xoves 25 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN EN LIÑA
Web / blogue corporativo - Crear un blogue con  Blogger - Crear un blogue/web/tenda  online con  Wordpress

Venres 26 de abril

17:00-20:00 h. COMUNICACIÓN EN LIÑA
Posicionamento da web - Posicionamento orgánico (SEO) – Webmaster tools - Campañas SEM ( Seach Engine Management) – Google Ads Redes Sociais - Community management. Facebook, Twitter, Linkedin, Instagram

O curso estará impartido por Rosa Casares Prieto, licenciada en Psicoloxía e Dereito e mestrada en Dirección Pública e Liderado InstitucionalPatricia Joga Díaz, técnica superior en Artes Plásticas e deseño de gráfica publicitaria; e Berta Ramos Nespereira, técnica superior en Informática de Xestión e Comercio Exterior. A dirección corre a cargo de Jose Maria Failde Garrido, doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Universidade de Vigo na Área de Personalidade, Evaluación e Tratamientos Psicolóxicos. e estará coordinado por Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia e director do Centro UNED de Ourense.

Máis información e formulario matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.