Constrúe un newsletter eficaz

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Constrúe un newsletter eficaz, que se desenvolverá do 20 de maio ao 3 de xuño. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O curso vai analizar os elementos fundamentais que hai que ter en conta para idear, preparar, publicar, enviar e analizar os resultados dun bo boletín. Tamén se repasarán exemplos de newsletters exitosos tanto de medios de comunicación como de empresas e entidades de todo tipo. Son casos que ofrecen leccións moi prácticas e valiosas para construír o noso propio boletín.

O curso constará de varios vídeos que poderán consultarse en liña en calquera momento e desde calquera lugar durante a duración do curso. Non inclúe sesións presenciales.

O curso estará impartido por Ismael Nafría Mitjans, xornalista, escritor, consultor, profesor e conferenciante especializado en medios dixitais. Nafría  é autor do libro La reinvención de The New York Times (2017) e editor do boletín Tendenci@s sobre medios dixitais. Foi xornalista en residencia do Knight Center for Journalism in the Americas da Universidade de Texas en Austin (EE.UU.) durante o curso 2016-2017. Previamente traballou como director de contidos dixitais e de innovación dixital no Grupo Godó (2008-2016) e como subdirector de contidos de Prisacom (2005-2008).

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 40 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa