‘Comunicación Audiovisual e Xénero. A imaxe das mulleres no audiovisual’

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o vindeiro 29 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas, o taller gratuito ‘Comunicación Audiovisual e Xénero. A imaxe das mulleres no audiovisual’. O curso terá lugar no Salón del Claustro del Palacio Provincial de Cádiz, pero será tamén emitido en directo na canle de youtube do CPPA.

O obxectivo do curso é analizar a representación audiovisual das mulleres dende unha perspectiva de xénero e estará impartido por Lucía Benítez Eyzaguirre, xornalista e doutora en Comunicación.

A retranmisión por Youtube do taller será feita en modo oculto, polo que as persoas interesadas en seguir a formación en directo deberán expresar o seu interese para recibir o enlace enviando a solicitude de inscripción a cadizcolegio@periodistasandalucia.es.