Programa formativo de Hub Escuela en maio
Hub Escuela organiza novos programas formativos para o mes de maio. En virtude do convenio co Colexio de Xornalistas, as colexiadas e colexiados do CPXG teñen un 15% de desconto sobre calquera dos cursos, e poden obtar a dúas bolsas talento, cun 50% de desconto. Infórmate en Hub Escuela dos descontos.
Os cursos organizados para o mes de maio son os seguintes:
Máster Digital Business (A Coruña e Vigo)
Programa de 11 módulos, repartidos en 400 horas lectivas, a través dos cales o alumno ou alumna pode adquirir unha visión integral, sólida e formada do negocio dixital, que lle permitirá entender as claves da publicidade dixital para identificar, captar e fidelizar audiencias. Máis información aquí.
Máster Seguranza Dixital (A Coruña)
Formación de 11 módulos (350 horas lectivas), que permite ao alumno adquirir unha visión global da ciberseguranza, coñecendo todas e cada unha das súas áreas (SGSI, auditorias, análise forense, seguranza de redes de comunicación, sistemas, securización en entornos industriais, seguranza do dato, hacking, etc. Máis información aquí.
Programa Desenvolvemento Directivo Dixital (A Coruña e Vigo)
Este programa de 7 módulos (80 horas lectivas) dota á directiva ou directivo das claves precisas para liderar hoxe en día, introducíndoo nas principais áreas estratéxicas das compañías como: Intelixencia Competitiva, Márketing Dixital, Ciberseguranza, Analítica/Data Driven, Mobile e E-Commerce. Máis información aquí.
Para máis información contactar con Hub Escuela:
Hub Escuela
Rúa Sinfónica de Galicia 2, baixo
15004 A Coruña
+34 981 927 360
hola@hubescuela.com
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.