Protección de datos para xornalistas

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Protección de datos para xornalistas", que se desenvolverá do 5 de novembro ao 19 de novembro. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

As novas normativas sobre protección de datos, a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), impactaron nos labores dos medios de comunicación e dos gabinetes de prensa. Como adaptar as newsletters á nova normativa? Cómpre ter o consentimento das persoas que se ven nos vídeos de redes sociais? Durante canto tempo se poden gardar as bases de datos? Son responsábel da seguridade? Este curso dará resposta aos principais interrogantes na materia..

O curso estará impartido por Genís Margarit Contel, enxeñeiro de Telecomunicacions pola Universidade Politécnica de Cataluña con 15 anos de experiencia como consultor en telecomunicacións. Combina o seu traballo coa docencia na Universidade Pompeu Fabra e como Instrutor de Cisco, Microsoft, Google e Asterisk. É membro da Asociación de Ingenieros de Telecomunicaciones e creador do grupo de traballo de Seguridade, e tamén da Asociación Profesional Española de Privacidad, European Privacy Seal Expert e Privacy by Design Ambassador.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 85 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa