Técnicas de Escritura Creativa

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Técnicas de Escritura Creativa, do martes 15 de setembro ao xoves 15 de outubro de 2020. O curso, dunha duración de 8 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

A través desta formación, os asistentes aprenderán a desbloquear a súa creatividade; detectarán os puntos de mellora dos seus textos; e comezarán a dotar a escritura de intencionalidade e emocións co obxectivo de que os seus contidos sexan atractivos e diferenciais.

Combinarase a exposición da parte teórica a través de vídeos, coa realización de exercicios de redacción creativa sobre diferentes tipos de textos, que serán revisados pola profesora de forma individual e comentados de forma xeral, compaxinados coa resolución de consultas.

O curso estará impartido por Montse Sanahuja Rubí, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e graduada en estratexia e creatividade publicitaria pola Universidade Pompeu Fabra, postgraduada en comunicación política pola Universidade Autónoma de Barcelona e en dirección de marketing e análise do consumidor pola Universidade Aberta de Cataluña. ademais de profesora asociada á UPF e ao Instituto de Ciencias Políticas e Sociais da UAB e Asesora de comunicación e formadora en habilidades de comunicación para empresas privadas e organismos públicos. 

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 56 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa