Xornalismo narrativo en tempos de noticias falsas. Do universal ao local. Voces de muller

O Centro UNED de Ponferrada organiza do 4 ao 6 de xullo o Curso de Verán Xornalismo narrativo en tempos de noticias falsas. Do universal ao local. Voces de muller​, que se vai realizar no Centro UNED de Ponferrada (Avda. de Astorga, nº 15. O curso pode seguirse tamén online.

O custo da matrícula é de 124 euros (108 euros se se efectúa antes do 1 de xullo), cun prezo reducido de 75 euros (63 se é antes do 1 de xullo) para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 20 horas lectivas, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Xoves 4 de xullo

16:30-18:30 h. Introducción ao xornalismo narrativo. A fronteira borrosa da reportaxe coa literatura. As reportaxes de Carlos Fidalgo no Diario de León e a ficción que nace da realidade nas súas novelas e contos
Celia Casado Fresnillo. Profesora Titular. UNED.
Carlos Fidalgo Calvo. Xornalista e escritor. Redactor e columnista de Diario de León.

19:00-21:00 h. Os espazos do medo. O enfoque local e como cambiar a realidade no entorno máis próximo. Novas e vellas formas de facer xornalismo e chegar ao público
Antonio Francisco García Encinas. Xornalista de El Norte de Castilla.

Venres 5 de xullo

10:00-12:00 h. Noticias falsas. A gran praga do século XXI. Como desactivalas. O proxecto de malditobulo.es
Julio Montes Moreno. Xornalista.

12:00-14:00 h. Reportaxes en zona de conflito. Escenarios de guerra, revoltas e catástrofes humanas. Voces de muller. Como contalo
Olga Rodríguez Francisco. Xornalista e escritora. Cofundadora de eldiario.es.

16:30-18:30 h. A España vacía e como contala. A literatura aplicada á grande reportaxe sobre o despoboamento
Sergio del Molino. Escritor e columnista de El País.

19:00-21:00 h. Xornalismo narrativo en tempos de noticias falsas (Mesa redonda)
Carlos Fidalgo Calvo.
Olga Rodríguez Francisco.
Julio Montes Moreno.
Sergio del Molino.
Macarena Berlín. Escritora e xornalista da Cadena Ser e RTVE.

Sábado 6 de xullo

10:00-12:00 h. O longo camiño das mulleres para contar a realidade. A loita pola visibilidade. Voces de muller
Macarena Berlín

12:00-14:00 h. Outra forma de contar a realidade. Voces de muller. Os ensaios e as novelas de Espido Freire e o uso das redes sociais para chegar ao público​
Espido Freire. Escritora.

Máis información e formulario matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.